Personaxes Ilustres


Ola! Son Agustín Fernández Paz... Poñan atención que lles van a contar a miña historia e a de outros colegas que tamén son de Vilalba!
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947, é un escritor e pedagogo galego.
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Agustín Fernandez Paz


Manuel Mato Vizoso
Manuel Mato Vizoso, nado en Vilalba o 23 de xaneiro de 1846 e finado na mesma vila o 9 de febreiro de 1909, foi un escritor e historiador galego.
Dende 1875 traballou como secretario do xulgado municipal de Vilalba. Interesado pola historia de Vilalba, colaborou en xornais. En 1908 fundou El Eco de Villalba, que dirixiu ata a súa morte.
Obras:
- Biografía de D. José Febrero: importancia de sus obras jurídicas, noticias de sus reformadores y continuadores, 1897 (premiada no certame de Mondoñedo de 1905).
-El partido de Villalba en la guerra carlista, 1904 (folletín publicado en La Idea Moderna)
.
-Estudio histórico sobre algunos monasterios antiguos en el norte de Galicia. Sede britoniense y el origen de Mondoñedo, 1905.
-El asedio de Villalba, 1907 (lenda en verso publicada en La Idea Moderna).