top of page

Historia de Vilalba

Vilalba claramente é unha vila chea de historia e ofrece un monte de testemuños que evidencian este pasado histórico do que pode sentirse orgullosa.

 

As primeiras referencias á cidade datan do século XI, segundo o historiador vilalbés Manuel Mato Vizoso. Nestes textos alúdese á vila de Santa Maria de Montenegro (nome atual da igrexa parroquial de Vilalba) baixo a protección da familia do mesmo nome. No século VII, no marco histórico das invasións musulmanas, a vila sufriu un incendio que a destruiu completamente, e así desaparecen os testemuños desta durante 400 anos ata que, posteriormente, no século XII aparece citada co nome de Vilarente e vincúlase coa dinastía dos Andrade.

Os Andrade foron unha poderosa dinastía da Idade Media que estendía os seus amplos dominios polas fortalezas de Betanzos, Ferrol, Pontedeume, Moeche e Vilalba.

 

No século XV foran destruídas moitas fortalezas e entre elas o castelo de Vilalba, durante a primeira revolta irmandiña (esencialmente campesiña). Foi Nuno Freire de Andrade, o Mao, quen despois obrigou ós veciños a reconstruílo. No 1467, na que sería a segunda e verdadeira Revolta Irmandiña, Afonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos dirixiron un auténtico exército popular que acabou con todas as fortificacións dos Andrade, con excepción da de Moeche e fixeron fuxir a Fernan Perez de Andrade chamado O Mozo.

No 1486 os Reis Católicos nomean Conde de Vilalba a Diego de Andrade. A súa filla, Dona Teresa de Andrade de Ulloa e Zúñiga, Condesa de Vilalba casouse con don Fernán Rouiz de Castro, primeiro marqués de Sarria. Debido a este casamento Vilalba e as outras vilas que pertencían aos Andrade incorporáronse á casa de Lemos ata comezos do século XIX. Despois o condado de Vilalba pasou á casa de Berwick e Alba, onde atualmente radica.

 

Durante os séculos XVI e XVII a historia de Vilalba foi tranquila, a introdución do millo de América trouzo melloras na situación económica da hidalguía da zona o que levou á aparición de algunhas suntuosas casas hidalgas nos arredores.

 

Aínda que non de forma tan intensa como outras zonas de Galicia, tamén Vilalba sufriu trastornos derivados do convulso século XIX e atribuíbles a fenómenos históricos tales como a Invasión Francesa e a primeira Guerra Carlista. Na segunda metade desta centuria e ó longo de todo o século XX foi a vila o centro dunha intensa actividade intelectual e cultural, sen parangón en asentamentos de dimensións similares. Tal é a razón de que as nosas rúas leven o nome de importantes escritores, poetas, pensadores e creadores, que honran o seu berce alén das nosas fronteiras.

Parador de Turismo de Vilalba. Antigamente Torre da Homenaxe do Castelo dos Andrade.

En Vilaba somos expertos en disfrutar

© 2023 por Angela y Miguel Producciones. Creado con mucho cariño...

 

  • Facebook Clean
  • Google+ Clean
  • Flickr Clean

Vilalbaviva

bottom of page